Preguntas frecuentes
Podo subir fotos doutras persoas?
Non, as fotos que subas deben ser da túa propia autoría para que podas poñer directamente a licenza libre CC-BY-SA.
Podo subir máis dunha foto de cada monumento?
Si, podes subir todas as fotos que queIras, cantas máis mellor, pero ten en conta que terás máis oportunidades de conseguir premios se sobes fotos de monumentos diferentes.
Podo facer as fotos antes de setembro?
Si, as fotos poden realizarse en calquera momento, incluso poden ser fotos que teñas feitas de anos anteriores. O único requisito é que as subas a Commons entre o 1 e o 31 de setembro.
Podo participar no concurso facendo fotos a monumentos que xa teñan foto en Commons?
Si, podes participar facendo e subindo fotos de tódolos monumentos que están nas listas do concurso. Novos puntos de vista dun monumento sempre axudan a coñecelo mellor, pero valoraranse máis as fotos de monumentos que non teñan ningunha foto en Commons.
Como participo no concurso internacional?
As 10 mellores fotos de cada país pasan ó concurso internacional.
Como asocio unha dirección de correo electrónico á miña conta de Wikimedia Commons?
Tes que entrar na túa conta, pulsar a ligazón Preferencias na parte superior da páxina de usuario, e no apartado de Opcións de correo electrónico introducir a túa dirección de correo electrónico de contacto. Logo hai que pulsar o botón de Gardar que nos enviará un correo electrónico para validala.
Cales son os números identificativos dos monumentos?
Os números identificativos dos monumentos serán o seu código BIC ou o seu código Autonómico, dependendo do caso. Os números identificativos de cada monumento atópanse nas listas de monumentos que se crearon nas diferentes Wikipedias. Algúns monumentos non teñen número identificativo, estes monumentos non participan no concurso xa que ao carecer desta información as fotos non poden ser tratadas polos programas que se encargan da súa clasificación. Só participan no concurso as fotos que se suban co seu número identificativo asociado.